Con este poema en forma de HaiTaPo, "A Rosalía de Castro" remato este retorno ás orixes, a esa primeira celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio de 1963.
SEXAN MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!!!
A ROSALÍA DE CASTRO
Verba que abrolla
nos cantares cantados
coma folla nova.
Arela na fisura
permanente do pobo.
Rosalía, morfoloxía no lusco fusco
do avelaiño ouvear.
Rosalía, utopía nos abrentes figurados
en soños de Breogán.
Rosalía, porfía sen canto
na memoria perenne do berce.
Rosalía, ousadía na noite dos silencios,
semente de pretéritos
abertos coas bágoas da soidade
onde abrollan as cores do vernal.
Rosalía, largacía...
Suso Díaz
Ningún comentario:
Publicar un comentario