30 de maio de 2016

18 de maio de 2016

Versos nun calendario sen follas LXXIX


Pensar na flor,
na palabra que voa
en primavera.
O presente desanda
un futuro alcanzábel.


Fotografía: Isabel Savoyat

7 de maio de 2016

Versos nun calendario sen follas LXXV


Luz nesta lúa
que nos garda do día,
que nos agarda.


Fotografía atopada na rede. Autor/a descoñecido/a.

5 de maio de 2016

Versos nun calendario sen follas LXXIV


Esvarar sobor
de ti, pel primavera.
Facer, facéndonos.


Imaxe atopada na rede. Ator/a descoñecido/a.