Chegou o momento de falarvos da publicación, e das
novidades, do libro dixital “150 Cantares para Rosalía de Castro”, será o
vindeiro martes, 24 de febreiro. O libro estará dispoñíble na web da Fundación
Rosalía de Castro (http://rosaliadecastro.org/),
que amablemente acolle este traballo colectivo para a súa difusión.
Vaia en primeiro lugar o meu agradecemento aos 165
participantes, poetas e ilustradores. Gocei moito traballando con vós, e sobre
todo, aprendín moito máis da vosa xenerosidade, da vosa entrega, e dos vosos
traballos.
Grazas aos que me acompañastes nesta longa
travesía, e nestas semanas trepidantes de traballo, dúbidas e vertixes; sen esa
axuda, non estariamos aquí.
Agradecer á Fundación Rosalía de Castro, e de xeito
particular a Anxo Angueira, por atender a miña petición para que este libro
colectivo se espalle dende esa casa.
Aproveito para anunciarvos que faremos unha
presentación do libro, cun recital, o vindeiro sábado 7 de marzo ás 18:00 horas
na Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Vémonos alí!
Beizóns!
Os ollos da imaxe son os de Rosalía de Castro, interpretados por Irene
Silva Xiráldez, a partir do cuadro de Modesto Brocos. Esa Rosalía de Castro é a
portada do libro.