16 de xuño de 2018

Pílula poética María Mariño

Pílula poética adicada á poesía de María Mariño.

#pílulapoética #apoesíanonsecala

Pílula poética Manuel Curros Enríquez

O sábado 9 de xuño a pílula poética adicada a Manuel Curros Enríquez fíxena nun lugar único para a poesía, para o recitado e para sentirse natureza, parte da natureza. 

Esta achega foi en Ludeiros, no Corete de San Pedro, unha construción feita por riba dun carballo centenario. No seu día foi de madeira, agora é de formigón. Constrúese para escoitar tocar unha banda de música, ou de gaitas. Da historia deste Corete non vou falar hoxe, mais creo que é un lugar que está chamado a ser un punto de referencia para o recitado de versos, e para espallar o sentir no ar limpo do Xurés.


#poesíanocorete #pílulapoética #apoesíanonsecala


Presentacións de O sol dentro da cabeza

A piques de cumprirse un ano da publicación de O sol dentro da cabeza pola editorial Laiovento, neste mes de xuño tiven dúas presentación deste libro que contén 76 poemas creados a partir das lecturas da obra narrativa de Carlos Casares, e que é unha homenaxe para un escritor tan querido.

Noelia Rodríguez

O sábado, 9 de xuño, estiven acompañado da poeta Noelia Rodríguez na presentación que fixemos no Concello de Muiños, nunha presentación moi agradábel coa veciñanza do concello e tamén moi participativa, a meirande parte dos asistente leron poemas do libro escollidos ao chou, foi un verdadeiro agasallo. Estoulles moi agradecido.



















E o luns, 11 de xuño, acompañado da prezada poeta Helena Villar Janeiro, a presentación foi na libraría Pedreira de Santiago de Compostela. Sempre me sinto na casa na capital galega, e agradezolle especialmente a Helena que me acompañase nesta ocasión, ela que coñece todo o proceso creativo deste libro e que alentou dende o comezo. Beizóns!

Helena Villar Janeiro


Deixo aquí o enlace a nova que recolle La voz de Galicia.

Foto de Xoán A. Soler
 

6 de xuño de 2018

Presentacións de O sol dentro da cabeza

O sol dentro da cabeza, este libro que contén 76 poemas creados a partir das lecturas da obra narrativa de Carlos Casares e que publica Laiovento, segue o seu percorrido nesta ocasión polas terras do Val do Limia, o sábado 9 de xuño compartiremos sentires coa veciñanza do Concello de Muíños, e acompañarame nesa presentación a poeta de Lobios Noelia Rodríguez.

O luns 11 de xuño, O sol dentro da cabeza chega á capital galega, e acompañado da tamén poeta Helena Villar Janeiro, na libraría Pedreira, darémoslle voz estes poemas.

 

Pílula poética Paco Souto

O sábado 2 de xuño, coincidindo coa I Feira da poesía Paco Souto de Malpica adiquei a pílula poética ao poeta das mareas.


Pílula poética Benito Vicetto

O sábado 26 de maio adiquei a pílula poética á poética de Benito Vicetto.