A piques de cumprirse un ano da publicación de O sol dentro da cabeza pola editorial Laiovento, neste mes de xuño tiven dúas presentación deste libro que contén 76 poemas creados a partir das lecturas da obra narrativa de Carlos Casares, e que é unha homenaxe para un escritor tan querido.
Noelia Rodríguez |
O sábado, 9 de xuño, estiven acompañado da poeta Noelia Rodríguez na presentación que fixemos no Concello de Muiños, nunha presentación moi agradábel coa veciñanza do concello e tamén moi participativa, a meirande parte dos asistente leron poemas do libro escollidos ao chou, foi un verdadeiro agasallo. Estoulles moi agradecido.
E o luns, 11 de xuño, acompañado da prezada poeta Helena Villar Janeiro, a presentación foi na libraría Pedreira de Santiago de Compostela. Sempre me sinto na casa na capital galega, e agradezolle especialmente a Helena que me acompañase nesta ocasión, ela que coñece todo o proceso creativo deste libro e que alentou dende o comezo. Beizóns!
Helena Villar Janeiro |
Deixo aquí o enlace a nova que recolle La voz de Galicia.
Foto de Xoán A. Soler |
Ningún comentario:
Publicar un comentario