17 de maio de 2015

Letras Galegas 2015 "volver ás orixes III"

Poema de Arcadio López-Casanova.



PALABRAS NA TARDE PRA ROSALÍA



Si eu agora puidera

decir: Galicia

ceibe, pronunciar

o teu nome, Rosalía,

estendelo sobre o pranto

e poñer cada sílaba

dos leus versos, eiqui

mesmo, riba

dunha mesa (testimuña

do que sofrimos aínda).



Si contigo viñera

a voz antiga

dos xograres Torneol,

Martín da Limia,

Códax, Mendiño,

si despóis espida

soara a voz do pobo

con forza... Ai!, sería

impronunciable escoitar

as radices vivas

da terra, a voz

da nosa Galicia.



Si eu agora puidera

pronunciar sílaba

por sílaba, letra

por letra, a doorida

palabra, o teu

nome, Rosalía,

e si de súpeto viñera

unha lene brisa

de libertade, xermolara

nos sucos, abrira

as portas da esperanza...

¡Qué ledicia

sentirnos entón pobo,

cantar antre a limpa

mañá renacente, tí

e máis eu, todos

os que aínda

agardamos ser

ceibes sobre os sucos

da terra redimida!



ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA
Fonte: GRIAL

Ningún comentario: