Poema de Salvador García-Bodaño.
A ROSALÍA
"Morrer cecáis seña vivir sin lindes"
Azas de
ausencia te abranguen
na
longura ceibe dos meridiáns...
Xa non
eres máis que un nome
a lle
pór órelas ós camiños
e ás
sombras,
unha
verdade indestrutíbel,
un
credo
i un
norde ou espranza que nos alenta
na
fuxida—ás veces sin volta—
cara ás
terras do pan.
Decir
hoxe ronsel, Rosalía,
non
quer decir gueivota ou escuma,
ledicia
nas ondas
ou
dorna a bolinar.
(As palabras perderon xa
aquel senso puro
que pra nós tiñán).
Decir
hoxe ronsel, Rosalía,
é decir
fonda soedade ou amargura,
auga
ferida de fame
ou
tamén
remuíño
de adeuses
sobor do
mar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario