17 de maio de 2015

Letras Galegas 2015 "volver ás orixes V"

Poema de Carlos Casares Mouriño.



VERBAS DE ESPRANZA PRA ROSALÍA

Non convén chorar máis,
ela choróu por todos e pra sempre.
Luís Pimentel

Olla, Rosalía,
iste novo abrente de espranza.
Acabóuse o pranto xa pra sempre,
endexamáis voltaremos hastras bagóas
porque é tempo de se erguer.
Dende Padrón a Trasalba
baixa polo tempo
un río de arelanzas:
Otero, Piñeiro, Carballo, Celestino,
GarcíaSabell, Tovar, Celso Emilio, Novoneyra...
                                  Inzadas
voces outas que se chegan
deica a cinza quente que sementaras
na terra longa
da nosa Galicia sulagada.
Eiquí estamos ergueitos
ó pé da túa lembranza
ollando o trunfo que se albisca
sobor das torres de Compostela Santa.
Iste é o froito da túa sementeira, Rosalía.
Ista é a Galicia da espranza.

CARLOS CASARES MOUMÑO

Fonte: GRIAL 

Ningún comentario: