O pasado 24 de decembro presentei na Libraría Cartabón de Vigo, e compañía de Marta Dacosta, Xosé María Álvarez Cáccamo, Ledicia Costas, Míriam Ferradáns e Miguel Ángel Alonso Díz, tamén contamos coa presenza do editor, Tucho Calvo e coa da ilustradora Irene Silva Xiráldez e un nutrido grupo de persoas que nos acompañaron nese lugar de verbas rexentado polos amigos Maribel e Gonzalo.
O pasado 28 de decembro, Helena Villar Janeiro, Tucho Calvo e maís eu, fixemos a presentación que queriamos ter en Compostela para honrala memoria de Federico García Lorca e Ánxel Casal cando se cumplen 80 anos da publicación dos Seis poemas galegos pola Editorial NÓS. A presentación foi na Libraría Couceiro, e participaron as e os poetas: F. R. Lavandeira, Xesús Rábade Paredes, Marta Dacosta, Xiana Arias Rego, Olalla Cociña, Gonzalo Hermo, Lorena Rei, Noelia Rodríguez, Alba Cid e Xosé Daniel Costas Currás. Tamén asistiron a ilustradora Viki Rivadulla e os ilustradores Nolo Suárez, Alfonso Costa e Antón Sobral. Foi un acto moi emocionante e concorrido, unha tarde-noite de poesía e amizade na lareira que atrapou a Lorca coa sonoridade do verso que mellor soa, coa sonoridade da nosa lingua.
Grazas a todas e todos os que vos achegastes a estes actos, en especial a Ángel Luís Utrera Baza que capturou en Compostela eses momentos coa súa cámara para o noso recordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario