20 de nov. de 2015

Versos nun calendario sen follas XXVI

No Día Universal do Neno.


Todo nas pálpebras é soño.

Verbas que espertan curiosidade,
mans que esculcan as engurras do vento.
Cada detalle é un sorriso
e as bágoas son de enteiro lamento.

Todo nas pálpebras é soño.

A vida é unha ilusión sen tempo
e a morte un horizonte inabarcable.
A felicidade é un estado que se perde
coa irreal realidade da inocencia.

Todo nas pálpebras é soño.



Fotografía: Vasco Patricio

Ningún comentario: