Á memoria de Xosé Neira Vilas.
Eu tamén son un ninguén.
Non comín pantrigo
e xa perdín os dentes
da memoria labrega.
Eu tamén son un ninguén.
Ando polas quenllas espindo pasos
onde atoparme, onde atopar
cantos sen ruído.
Eu tamén son un ninguén.
Vou dando tombos pola vida
sen decatarme que choro coma un cativo
as feridas dun tempo sen sorrisos.
Eu tamén son un ninguén.
Ollo espellos nos que non me reflexo,
nos que te procuro e non me atopo,
e non te atopo.
Eu tamén son un ninguén.
Fotografía: Suso Díaz
2 comentarios:
Hoxe, encheuseme o Facebook de recordos a Xose Neira Vilas, pero botei de menos un, era o teu, e xa entendo o motivo.
As bagoas borraban a tinta, unha e outra ves.
Moitísimas grazas por esas verbas tan sentidas.
As bágoas hoxe están moi presentes. É unha enorme perda para Galicia, para a nosa lingua que el tanto amaba.
Grande aperta.
Publicar un comentario