8 de dec. de 2010

Oleaxe cardíaca

Un home fala en soños co seu símbolo, dille
  o tempo foi inútil, as palabras
consomen o seu ciclo, no cabo das xeiras
hanse repetir o ritual e o texto.
Xosé María Álvarez Cáccamo


Arder por San Xoán
para liberar as cinsas do poso dunha vida
é o mellor xeito de esquecerse dun.
Ao fin a suma de resultados
é unha ecuación irresoluble
cando o que se pensa
pesa máis ca o propio sentimento.
É como atoparse nunha oleaxe cardíaca que non acouga.

Inédito

En memoria do historiador Marcos Valcárcel, ourensán universal e gardián da nosa cultura. Alá onde te atopes.

Ningún comentario: