Maré* sen sal.
Negra noite de cinsa.
Onde foi a vida?
Fotografía: Cartaz da película "Os días afogados".
Falar do Encoro de Lindoso é abrir os poros do sentimento, a memoria do que foi o noso val asolagado por un mal entendido desenrolo. Nada morto, e o Val do Limia finárono, ten futuro. Segaron a vida da terra que nos viu nacer e medrar, segaron as vidas dos que alí tiñan todo e alí deixaron todo.
A memoria resiste, aínda. O sentimento perdura, aínda. Mais o Val do Limia endexamais volverá a medrar coas cores da vida.
*Tómome a licencia de empregar "Maré", en portugués, lingua nosa, tamén, dos arraianos, dos que nos sentimos promiscuos nun territorio que non ten valados, menos fronteiras, dos que somos ceibes e falamos a lingua que ardeu na lareira onde medra a raizame que nos sustenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario