Chernóbil, 30 anos de ferida na tona deste planeta. Resulta difícil entender os por ques desta desfeita, e é preciso manter presente ese despropósito para evitar se volva producir.
Imaxe atopada na rede. Autor/a descoñecido/a.
A
noite agardaba ser noite,
cinsa
na cinsa
dun
ceo que ficaría gris
para
reter a dor
na
visibilidade da ferida.
A
ledicia tornouse anguria,
as
palabras alónganse
nos
berros inaudibles,
en
ollares sen fundo
no
que ollarse.
A
lentura corroe a ferruxe.
Todo
fica detido,
sen
deixar de esmorecer,
nun
letargo sen azos,
nunha
imaxe
que
retén o que se ve,
e
non se sente.
A
ferruxe abrolla no gris
que
envolve a morte
nun
exercicio baldío
de
contención.
A
morte amósase
na
transparencia,
na
quietude,
no
silencio
dun
lugar que foi vida.
A
vida é caprichosa,
testemuña
a súa presenza
no
abrollar dun tempo
sen
tempo,
reclama
seu espazo,
o
que lle pertence
e
se resiste a latexar.
Imaxe atopada na rede. Autor/a descoñecido/a.
Ningún comentario:
Publicar un comentario