Vaia dende aquí o meu agradecemento a Ramón Nicolás pola reseña que fai, no seu Caderno da Crítica, deste traballo colectivo.
... / ...
As dúas primeiras aseveracións, como
sinalei, aparecen no limiar desta publicación, editada con excelencia
por Biblos, e din que, por un lado, que todas as voces que nel
colaboran, ben con poemas, ben con colaboracións plásticas, entenden a
cultura “como ben común e como tributo que debemos a quen nos precederon
e de quen herdamos” e a outra afirma sinxela e significativamente
“Lorca leunos e entendeunos”. En boa parte, ao meu xuízo, aquí radica o
espírito do libro, que talvez se complete -esta é a miña interpretación
persoal- con ese verso ao que antes aludía e que di “Este é un brinde
porque aínda lembramos”.
Se cadra nestes fragmentos e nese
verso repousen, explicitamente, algúns dos valores deste libro pois, sen
dúbida, tamén atesoura outros. Suso Díaz e Helena Villar Janeiro
idearon unha proposta que quixo lembrarnos o centenario da primeira
viaxe de Lorca a Galicia e, ao tempo, o oitenta aniversario do seu
falecemento. A carón deste motivo, que reactiva a relevancia dos Seis poemas galegos
lorquianos, non se esquece con xustiza a figura do seu editor, Ánxel
Casal, sen cuxa intervención -e a de María Miramontes- este libro nunca
vería a luz e nin sequera a literatura galega do século XX nunca sería
como tal como foi.
... / ...
Non deixo constancia aquí de todas as
voces poéticas e de todas as persoas que coas súas ilustracións,
quixeron estar neste libro, pero a todas elas, cuxos nomes se poden
coñecer premendo aquí,
a Suso e Helena e á editorial Biblos transmito os meus parabéns máis
entusiastas. Libros así contribúen a enriquecernos, a ensanchar os
horizontes da poesía galega e a estimulala desde a memoria.
A reseña completa pódese ler aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario