O 17 de maio, Día das Letras Galegas comecei unha serie de entregas en directo, polas redes sociais, de pequenas achegas poética -PÍLULAS POÉTICAS-, coa idea de achegar a poesía por calquera medio e do xeito máis directo posible a quen lle agrade e en galego.
A primeira desas pílulas foi adicada a homenaxeada coas Letras Galegas deste ano, María Victoria Moreno.
A idea é ir facendo unha achega cada sábado ás 13 horas, por Facebook e Instragram sempre que me sexa posible e a tecnoloxía o permita.
A lingua non se cala!
Ningún comentario:
Publicar un comentario