O pasado 27 de decembro presentamos en Vigo, na
libraría Cartabón, O sol dentro da cabeza, acompañado polo prezado amigo Ramón Nicolás.

Encontrarse, aínda que soamente sexa nestas
ocasións, con amigos cos que compartimos afección pola literatura, sempre
resulta moi agradable e moi enriquecedor. Aproveitar para falar da lingua, da
poesía, dos tempos que nos toca vivir con todas as ilusións postas en seguir
achegando traballos literarios a un público que quere manter una literatura
de noso.
Compartir mesa co crítico que sente no verso a
pulsión da palabra é o mellor xeito de achegarse o sentir dos lectores, de
seguir ollando con esperanza un futuro que semella complexo para unha lingua, e a literatura dun pobo.
Sempre agradecido a Maribel e Gonzalo por abrirme
as portas da súa libraría onde me sinto en familia.
Moi agradecido a todas e todos os que viñestes á presentación.
Beizóns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario