A vida é o que sentimos. Cada momento é unha sensación conxugada, un tempo que nos pertence e se vai, e tamén fica en nós para medrar dende a esencia.
Moitos parabéns!!!
A esencia da alma
condénsase nun ollar limpo,
nun sorriso puro de sol regañado
no ceo que nos prende.
A esencia da alma
é un latexo na xema dos dedos
pousados na meixela que agarda.
Somos un anaco infinito de amor
depositado na vida que nos habita.
A esencia da túa alma
é a luz do universo condensada
no alento que nos mantén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario