Co gallo do centenario do pasamento do bardo galego Eduardo Pondal, dou comezo con esta entrada a una serie de poemas que servirán para homenaxear ao bergantiñán e a súa obra.
Eduardo Pondal |
A idea é escribir poemas en 140 caracteres (espazo máximo dun chío -tweet-), para difundilos polas redes sociais, integrando un verso do egrexio poeta en cada poema e que irá entre -guións-.
Parafraseando ao mestre Méndez Ferrín, De Pondal a Novoneyra, e tendo en conta a situación na que nos atopamos a meirande parte dos que escribimos poesía, resulta case imposible publicar polas canles habituais, dígase libros, aproveito a tecnoloxía para achegar os poemas a quen os queira ler, difundir, neste novo horizonte: De Pondal ao Chío.
I
O sentimento adormecido
na gorxa do pensamento.
-Que din os rumorosos-
cando cala a voz,
cando se perde o que fomos?
Ferida e pranto.
#PondalCen
Ningún comentario:
Publicar un comentario