Hoxe é un día moi especial para min. Miña filla Sofía, está de
aniversario, cumpre 20 anos e é unha desas datas, coido, son un punto de inflexión
na vida.
Quería agasallala dun xeito especial, facer algo distinto ao que acostumo neste 1 de novembro.
Meses atrás pensei en escribirlle 20 poemas que tiñan que estar inspirados
en momentos que vivimos, neses detalles que se sumaron ao longo do tempo e forman
parte de nós, certa necesidade de plasmalos do xeito que eu os vexo, agora,
dende a perspectiva do tempo, desa distancia, desa pátina que vai ficando no
horizonte. Non foi fácil, nada fácil acometer o que me propuxera coa delicadeza
que precisan uns versos adicados a unha filla, e ao mesmo tempo fosen merecentes
de ser lidos por calquera que queira facelo, pois de non ser así, non pasaría
de ser un agasallo privado que tería o valor que ela lle queira dar.
Chegados a este punto, no que xa é unha realidade tanxible este libro Sofía que tan marabillosamente publica a
colección Desalmados eruditos, de Ediciones Liliputienses, do querido e
admirado amigo José María Cumbreño, soamente me queda agradecerlle o seu traballo
e compromiso, a súa dedicación e mimo para con este libro, e a miña admiración
sempre polo seu amor á poesía e pola súa amizade. Coido que poucas veces me
sinto tan a gusto falando de poesía, e de proxectos, con unha persoa, Cumbreño
víveo dun xeito transparente, con ese brillo no ollar de quen sente, e cre, sen
límete, no que fai, unha sorte de amizade. Curiosamente o libro, en galego, publícase en Extremadura, nesta terra que vai para 20 anos que nos acolle. É unha honra formar parte da familia, que tanto admiro, de poetas liliputienses.
Tamén aproveito para agradecerlle a Helena Villar Janeiro a súa opinión e
os apuntamentos que me fixo do libro, e o seu apoio e consideración polo meu
traballo. É unha sorte contar coa amizade sinceira de quen tanto sabe e o comparte
cando llo demando.
Sofía xa non é meu, e de cada lector. Ata hoxe era un libro máis dos que
teño escritos, agora, por sorte, é a miña “Ópera prima” e voa para sempre no
silencio de cada lectura, no son de cada verso.
Moitísimas felicidades Sofía!
Beizóns a José María Cumbreño por facer realidade este agasallo a Sofía, e
a Helena Villar Janeiro.
2 comentarios:
Suso,
me alegro de corazón por esta gran notícia; doy por seguro que estará de lujo editado en las manos de José María, persona que ha elaborado con mimo y dedicación una espléndida colección de poesía.
Espero verte pronto de nuevo -¿tal vez en Centrifugados?- Una abraçada des de Tarragona.
Xavi
Muchas gracias, Xavi.
El libro está muy bien editado, ya sabes lo bien que trabaja Chema y, para mi es un orgullo pertenecer a la familia Liliputiense.
Tal vez nos veamos en Centrifugados.
Publicar un comentario