Hoxe o noso Pedro fai 16 anos.
É unha verdadeira ledicia ter compartido este tempo con un ser tan extraordinario, nel conxúgase a bondade e a xenerosidade, o seu sorriso é o alento que empurra a nosa vida.
Moitos parabéns!!!
Estes versos son para ti, alma da miña alma.
Arrincar a verba nun sorriso
sentido o aloumiño
que envolve de ollares
un pretérito que medra
dende a cerna
dunha alma sensible.
Construilo tempo contigo
na certeza de abrir vieiros
coa forza dos xestos,
na verdade dos silencios.
Todo semella doado
dende a pureza dun sorriso
que agarima sen medo os sentimentos
para transitar ceibes polo tempo
-sempre pouco-
dunha vida enchida contigo,
enchida en ti.
Ningún comentario:
Publicar un comentario