Hoxe comezo unha serie de "tankas-pseudo", do mesmo xeito que cando abrín este caderno, con versos daquela adicados ao poeta do Caurel, nesta ocasión, para telo presente hoxe, que fai trece anos do seu pasamento.
Teimoso é
o Caurel na escolla,
homes galgando.
Uxío Novoneyra
froito dos soutos lenes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario