26 de nov. de 2012

25 de nov. de 2012

MMXII-TK Ausencias


Cómo sentirse
refugio en el vuelo
de tus ausencias.
Cubrirte con las manos
sostiene mi existencia.

En este día, cuando las palabras son un buen refugio para el pensamiento, y los versos se convierten en un vehículo necesario para seguir el camino. Quiero recodar al poeta y activista cultural, que pese a la ausencia, su obra sigue germinando.
A la memoria de Ángel Campos Pámpano.

10 de nov. de 2012

6 de nov. de 2012

MMXII-TK MariPaz


Soños espidos
nos beizos que se deitan
a murmurar.
Co desexo aceso,
alumeas a noite.

Adicado a MariPaz, hoxe que novamente te ergues ao infinito. Parabéns!!!

1 de nov. de 2012

MMXII-TK Sofía



Do cristalino
derretéronse os xeos
ata entón orfos.
Sofía, cada verba,
asolagando todo.

Estes versos son un agasallo para a miña filla no seu dezaseis cumpreanos. Parabéns!!!

30 de out. de 2012

MMXII-TK Uxío

Hoxe comezo unha serie de "tankas-pseudo", do mesmo xeito que cando abrín este caderno, con versos daquela adicados ao poeta do Caurel, nesta ocasión, para telo presente hoxe, que fai trece anos do seu pasamento.

Teimoso é
o Caurel na escolla,
homes galgando.
Uxío Novoneyra
froito dos soutos lenes.

20 de set. de 2012

A Lareira


Cheira á semente dos ourizos,
aquécese coa enerxía derradeira
do carballo vencido polo tempo,
compañeira das noites de inverno
onde se derreten o desacougo
sobre pedras que agochan
as cores da lúa
e o ollar dun cego.

Manca o alento o tépedo fume
que adormecido entre as paredes
non quere fuxir
a unha nova noite de cans.


Poema recollido no libro conxunto "Vieiros de palabra." Terra de Celanova - Baixa Limia en letras de autor. Obra coordinada polo escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte, a iniciativa da Librería Conde que este ano celebra o seu 25 aniversario.

20 de maio de 2012

MMXII - XVIII


Hoy como ayer,
menos y de lo mismo
como remedio.

Están empeñados en acabar con todo, y parece no suceder nada, es asombroso.

16 de maio de 2012

MMXII - XVI


Fardel enchido
con feixes de nazón,
durmido berce.

Con este haiku completo a serie Paz-Andrade que publicarei aquí.

15 de maio de 2012

MMXII - XV


Canto que cantas
na Galiza dispersa
onde has preñar.

Otra achega en forma de haiku para rememorar a obra de Valentín Paz-Andrade.

10 de maio de 2012

Ángel Campos Pámpano


Se llena todo
Por aprender del aire
memoria tuya.

Hoy Ángel Campos Pámpano hubiese cumplido 55 años. Permanece en nuestro recuerdo el poeta y activista cultural, un arraiano que sumó incansables esfuerzos para cultivar las semillas de la cultura en Extremadura, en Salamanca, también en Lisboa. Para nosotros siempre permanecerá en nuestra memoria, sirva este humilde haiku para recordarle en este día.

7 de maio de 2012

MMXII - X


Pranto matricial
dun país que latexa.
Seu é o destino.


Co motivo do Día das Letras Galegas adicado este ano a Valentín Paz-Andrade, irei publicando algúns haikus (pseudo), para honrar a súa memoria.

30 de abr. de 2012

MMXII - VIII


Vagabundo soy
de ayeres impresos
en el cristalino.

Fotografía del pacense © Antonio Covarsí, publicada en su exposición "Vivir en la Raya".

4 de mar. de 2012

29 de feb. de 2012

Ourense


Ourense
raizame de auga e vento
que vive no espiñazo de vidro
mentres escalda os pétalos
da memoria pétrea.