13/05/2018

Si cantan, es ti que cantas. Presentación en directo.

Volvo apostar polas presentacións en directo dos libros que vou publicando en formato electrónico. 


Nesta ocasión trátase de Si cantan, es ti que cantas. 120 poemas en forma de haiku, que se asoman as e os lectores na rede, en Amazon, para os dispositivos dixitais.


Este conxunto de haikus seguen os publicados anteriormente co título de Infindos latexos de esencia poética, e que forman parte dese traballo no que pretendo escribir alomenos un haiku cada día, nun cuaderniño que ao completarse comparto en forma de libro electrónico.


Como dicía, un bo xeito de achegar unha mostra deses poemas en forma de haiku é facendo unha presentación en directo polas redes sociais (Facebook e Instagram). Aquí deixo os vídeos desa presentación, son dous, pois cortouse a retransmisión e tiven que retomala, cousas da técnica.
 

Ningún comentario: