25/02/2018

Presentación, en directo, de amada Rosalía polas redes sociais

Onte, 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro presentei en directo polas redes sociais, Facebook e Instragram, o libro amada Rosalía, adicado á nosa autora universal.

Foi unha presentación distinta, moi especial, á que calquera podía sumarse e seguila alá onde se atopase, tamén interactuar ou deixar o seu comentario.

Coido que é un novo xeito de achegar os traballos ao público que o demande, tamén os literarios, de amosalos ao mundo sen distancias e impedimentos físicos, un vieiro que cómpre ir explorando e aproveitando en prol da literatura, por que non?

Deixo aquí a gravación completa da presentación.

Ningún comentario: