19 de set. de 2016

Versos nun calendario sen follas CVII

Retomo aquí este camiño de poesía compartida, esta fiestra de lóstregos e palabras xunguidas polo pensamento e o sentimento, nun tempo que non existe, nun calendario que se escribe sen tinta.
Sentir, para escribir sentinto, para riscar no baleiro o que habita na alma, para ser palabra no silencio que me envolve.


Amor prohibido.
Amor sentido, amado.
Aceso amor.


Fotografía do caderno de Ira Abraham

Ningún comentario: