22/08/2016

Mares de insatisfacción XV

Con este haiku remato estes "Mares de insatisfacción".
Tamén, co firme propósito de facer unha fonda reflexión sobre a necesidade de seguir con esta fiestra aberta onde vou verquendo poemas e algunhas poucas cousas relativas o que vou facendo no eido da literatura. Nalgunha ocasión, alguén me dixo que o que é de balde non se aprecia, e remata por non ter valor, daquela non compartía esa reflexión, agora coido non é desacertada. Non significa que non siga publicando, pois non hai moitos xeitos de facelo, mais é preciso reflexionalo.
Este caderno xa suma case 400 entradas, con máis de 350 poemas e haikus e algúns tankas.
Parece que o título desta serie auguraba mareas vivas.
Unha e mil veces, grazas a quen se pasa por esta fiestra a ler estes humildes latexos!



Pechar etapas
para abrir novos vieiros
con ilusión.

Fotografía: Suso Díaz

Ningún comentario: