22/08/2016

Mares de insatisfacción XV

Con este haiku remato estes "Mares de insatisfacción".
Tamén, co firme propósito de facer unha fonda reflexión sobre a necesidade de seguir con esta fiestra aberta onde vou verquendo poemas e algunhas poucas cousas relativas o que vou facendo no eido da literatura. Nalgunha ocasión, alguén me dixo que o que é de balde non se aprecia, e remata por non ter valor, daquela non compartía esa reflexión, agora coido non é desacertada. Non significa que non siga publicando, pois non hai moitos xeitos de facelo, mais é preciso reflexionalo.
Este caderno xa suma case 400 entradas, con máis de 350 poemas e haikus e algúns tankas.
Parece que o título desta serie auguraba mareas vivas.
Unha e mil veces, grazas a quen se pasa por esta fiestra a ler estes humildes latexos!



Pechar etapas
para abrir novos vieiros
con ilusión.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de ausencias XIV


Voamos sós,
dende o pensamento á
xema dos dedos.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de ausencias XIII


Dura soidade.
Os pensamentos feren
a alma esvaída.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de ausencias XII


Merquei saudades
no fundo da memoria
da mocidade.

Fotagrafía: Suso Díaz

Mares de ausencias XI


Mar de ausencia
no verde horizonte.
Berce, Aceredo.

Fotografía do Encoro de Lindoso feita dende onde se levantou novamente Aceredo. Baixo as augas fica a memoria do que foi o lugar no seu momento, parte do Val do Limia.

Fotograrfía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción X


Somos camiño,
auga e terra bicándose,
vento envolvente.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción IX


Préndenos a onda
que recolle teu nome
en Rosalía.

Fotografía: PDP

Mares de insatisfacción VIII


O tempo mortal
detense aquí.
Máis aló da luz,
do ollar,
todo é inmortalidade.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción VII


Pensar no ceo
posible, inalcanzable
para os mortales.

"Os cabalos" de Juan José Oliveira. Un dos monumentos máis fermosos da cidade olívica.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción VI


O solpor é a certeza
da nacenza,
a realidade da vida.
Vaise apagando a luz
silandeira, paseniño,
nun horizonte
inabarcable.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción V


Ruído de morte.
Ilusión no comezo
da finitude.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción IV


Quixera voar nun espazo sen rede,
nunha caída sen fondo.
Quixera abrazar a luz
coas ás que non teño.
Quixera medrar na ilusión.

Fotografía: Isabel de Toro

Mares de insatisfacción lll


E todo fica
neste mar de ilusións,
na lingua de auga.

Fotografía: Suso Díaz

Mares de insatisfacción I


Nada ten valor.
Baleiros de ilusión
cegan os ollos.

Fotografía: Suso Díaz