15/04/2016

6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca finalista dos Premios Gala do Libro Galego 2016


Éncheme de orgullo que este libro colectivo no que participamos unha boa representación de poetas contemporáneos de Galicia, concretamente 36, e tamén 7 artístas plásticos do país, se atope entre os finalistas dos Premios do Libro Galego 2016.

Agradézolle a Helena Villar Janeiro compartira comigo a labor da edición deste traballo poético, a súa confianza, o seu traballo e ideas que apuntalaron un proxecto que quere conmemorar o centenario da primeira visita de Federico García Lorca a Galicia, neste 2016, e tamén a Ánxel Casal por publicar os Seis poemas galegos en 1935 na Editorial NÓS, unha obra que fai máis universal a nosa literatura.

Compartir este traballo con todas e todos os que nos xuntamos no libro foi unha ledicia. Grazas! Fago extensible este agradecemento a Biblos Clube de Lectores que apostou por publicar este traballo.

3 comentarios:

Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Francisco Souto dixo...

E q o fixo cunha calidade e un gosto insuperábel

Suso Díaz dixo...

Participamos moitos e cada un puxo a súa parte.
Estamos moi ledos do resultado.