21 de mar. de 2016

Versos nun calendario sen follas LIX


Poesía: palabra sen voz.
Verso que arde sen lume.
Sentimento que abrolla
coa forza do ollar espido
na cor do vento.
Poesía: alma que abraza
o sentimento sentido,
sen dor.
Luz, no bico da aurora, 
impresa en letras transparentes.
Poesía: poesíame.


Ilustración atopada na rede. Autor/a descoñecido/a.

Ningún comentario: