18/02/2016

Ramón Nicolás fala do libro "6 poemas 6" no Caderno da Crítica

Vaia dende aquí o meu agradecemento a Ramón Nicolás pola reseña que fai, no seu Caderno da Crítica, deste traballo colectivo.


... / ...
     As dúas primeiras aseveracións, como sinalei, aparecen no limiar desta publicación, editada con excelencia por Biblos, e din que, por un lado,  que todas as voces que nel colaboran, ben con poemas, ben con colaboracións plásticas, entenden a cultura “como ben común e como tributo que debemos a quen nos precederon e de quen herdamos” e a outra afirma sinxela e significativamente “Lorca leunos e entendeunos”. En boa parte, ao meu xuízo, aquí radica o espírito do libro, que talvez se complete -esta é a miña interpretación persoal- con ese verso ao que antes aludía e que di “Este é un brinde porque aínda lembramos”.
    Se cadra nestes fragmentos e nese verso repousen, explicitamente, algúns dos valores deste libro pois, sen dúbida, tamén atesoura outros. Suso Díaz e Helena Villar Janeiro idearon unha proposta que quixo lembrarnos  o centenario da primeira viaxe de Lorca a Galicia e, ao tempo, o oitenta aniversario do seu falecemento. A carón deste motivo, que reactiva a relevancia dos Seis poemas galegos lorquianos, non se esquece con xustiza a figura do seu editor, Ánxel Casal, sen cuxa intervención -e a de María Miramontes- este libro nunca vería a luz e nin sequera a literatura galega do século XX nunca sería como tal como foi.
... / ...
    Non deixo constancia aquí de todas as voces poéticas e de todas as persoas que coas súas ilustracións, quixeron estar neste libro, pero a todas elas, cuxos nomes se poden coñecer premendo aquí, a Suso e Helena e á editorial Biblos transmito os meus parabéns máis entusiastas. Libros así contribúen a enriquecernos, a ensanchar os horizontes da poesía galega e a estimulala desde a memoria.

A reseña completa pódese ler aquí.

Ningún comentario: