4 de feb. de 2016

Versos nun calendario sen follas XLVIII


A amizade é un vencello
sen forma definida,
unha razón
sen razón.
Comunicarse
escoitando os silencios
que aflixen os sorrisos
onde se debuxa a alma.
A amizade é unha aperta detida,
o respecto do pensamento ceibe,
silandeiro.
A comprensión da distancia
nos espazos que nos xonguen.
A complicidade
que pecha e abre
o silencio.
A amizade é a delicada flor
que perdura no tempo.


Fotografía da Rosa do deserto atopada na rede. Autor/a descoñecido/a.

Ningún comentario: