18/01/2016

Versos nun calendario sen follas XLI

Pensamentos na metafísica dos pensamentos.


Como se goberna o que se pensa?
As veces penso,  por que o pensamento
me arrastra por vieiros sen saída.
Por que pensamos 
que podemos gobernar os pensamentos?
Sentir, semella moitas veces soñar,
e soñando vivimos o que non sentimos.
En realidade, séntese cando non te senten?
Cando non te soñan? ...


Ilustración: Bruno Almeida

Ningún comentario: