14/11/2015

Versos nun calendario sen follas XXIV


Nunca fun a París.

Sei da súa beleza cantada,
idealizada...
Das súas noites bohemias
e das súas rúas con fadas...

Nunca fun a París.

Nada sei dos seus cheiros
das horas que se visten de ollares
nin das que se ispen a media luz 
nas quenllas do desexo.
Tampouco sei dos pasos desencontrados
que se atopan nun abrazo
na fría quentura de ferro,
-corazón inverso-
que latexa ceo aberto.

Nunca fun a París.

Sei que todo o sangue é vermello,
que as bágoas salgan os beizos quebrados
e que tódalas mortes son inútiles.
Só a vida se amosa nun sorriso.

Recitado por Ramón Suárez Álvarez

 
Pintura de Robert Holzach

Ningún comentario: