26 de out. de 2015

Versos nun calendario sen follas XVII


A vida esgótase silandeira
polas rúas dunha cidade
que non me recoñece,
onde quizais xa nada me agarda.
Procuro un destino
que conxugue os pensamentos
cada vez máis irtos,
e todo me devolve
ao espello no que te ollo.
O outono vacía os días de luz
e nas noites
deixase notar o frío.
Amar por amar
é excesivamente doloroso.


Fotografía: Cecy Jup

Ningún comentario: