26 de set. de 2015

Máis forte que o resto / Tougher Than The Rest

O pasado mércores 23 de setembro foi o aniversario de Bruce Springsteen, para min, un dos músicos máis grandes de tódolos tempos.
Quería ter un recordo especial nesa data do seu aniversario, mais non tiña rematada a traducción dun deses poemas que fixeron que unha canción sexa inigualable. Todo neses versos, e nesa música é sensibilidade, ningunha nota está de máis, nada falta e nada sobra. Esa conxunción maxistral é o que fai inmorredoiras algunhas músicas.
Parabéns, con retraso, para o xenio! Parabéns para todos os que gozamos da súa creatividade!



Máis forte que o resto

Ben, é sábado pola noite
está completamente vestida de azul
eu estiven observando algún tempo
quizais ti tamén me observaches.

Entón alguén marchou
deixando tras de si un corazón confundido.
Ben, si estás a procura de amor
querida, eu son máis forte que o resto.

Algunhas mulleres queren un atractivo Dan
ou algún encantador Joe.
No seu brazo algunhas mulleres
queren un doce Romeo.

Ben, mais aquí querida
aprendín que se ten o que é posible
si se ten a coraxe suficiente para amar
querida, eu son máis forte que o resto.

A estrada é escura
e a liña é moi, moi fina
mais quero que saibas
que a vou pisar cando ti queiras.

Quizais os outros noivos seus
no pasaron a proba.
Ben, se estás preparada e con coraxe para amar
querida, eu son máis forte que o resto.

Ben, non é ningún segredo
eu estiven roldándote unha ou dúas veces.
Ben, eu non sei, querida
quizais ti tamén me roldaches.

Mais preséntase outro baile
todo o que precisas facer é dicir si
e se estás preparada e con coraxe para amar
querida, eu son máis forte que o resto.

Se tes a suficiente coraxe para amar
querida, eu son máis forte que o resto.

Tadución: Suso Díaz

Fotografía: Sofía Díaz Paz

Ningún comentario: