17/05/2015

Letras Galegas 2015 "volver ás orixes IV"



A ROSALÍA


"Morrer cecáis seña vivir sin lindes"




Azas de ausencia te abranguen

na longura ceibe dos meridiáns...



Xa non eres máis que un nome

a lle pór órelas ós camiños

e ás sombras,

    unha verdade indestrutíbel,

un credo

i un norde ou espranza que nos alenta

na fuxida—ás veces sin volta—

cara ás terras do pan.



Decir hoxe ronsel, Rosalía,

non quer decir gueivota ou escuma,

ledicia nas ondas

ou dorna a bolinar.

(As palabras perderon xa

aquel senso puro

que pra nós tiñán).



Decir hoxe ronsel, Rosalía,

é decir fonda soedade ou amargura,

auga ferida de fame

ou tamén

remuíño de adeuses

    sobor do mar...

 


SALVADOR GARCíA-BODAÑO

 

Fonte: GRIAL

Ningún comentario: