17/05/2015

Letras Galegas 2015 "volver ás orixes II"

Poema "Rosalía", de Xohana Torres.




ROSALÍA



     Ti és pra min a barquiña que lembra

toda presenza de madeiras náufragas

que vive, infinda, unha traxedia líquida

de peiraos sen panos e sen peixes.

     Sedenta coma un mar

     e no teu mar, afogada.



Tí és pra min un pobo pequeniño

de vieiros sen cume, sen riadas,

mergullando no seo case morto

unha virxe canzón, inimitábele.

     Sedenta coma un mar

     e no teu mar, afogada.



Ti és pra min unha callada piña

de moitas primadeiras agardadas

onde xogaron anxos

onde vibraron áas sen movelas
     Sedenta coma un mar

     e no teu mar, afogada.



Ti és pra min a historia da meniña

que iba soñando praias

hastra que deu mareia a un ben triste mañán.
     Sedenta coma un mar

     e no teu mar, afogada.




Ti és pra min o lombo dunha sombra

onde todo resulta perguntado

i o paso das personas faise lene...

     Sedenta coma un mar

     e no teu mar, afogada.



¡Ti és pra min a terra dunha tomba compridamente limpa de pisadas!



XOHANA TORRES

  Fonte: GRIAL

Ningún comentario: