03/05/2015

A miña nai


O sentimento é a mornura
dunha palabra descalza,
a lentura dun ollar
que afirma ou reprende,
a fermosura dos aloumiños
que se multiplican no tempo.
Só se pode coselas feridas da alma
dende a memoria dun neno,
dende as palabras recobradas
coa sonoridade envolvente
dun alalá que repenica
a inconsciencia,
forxa das raizames
inesgotables do sentimento.

Ningún comentario: