29 de abr. de 2015

Aquecendo primaveras no ollar XXI

Sirva este hiku coma unha particular homenaxe a Alejandra Pizarnik. O primeiro verso é o título dun dos seus libros.


-Árbore Diana-
da sepulcral desdita
dun pensamento.


Imaxe: debuxo de Alejandra Pizarnik

28 de abr. de 2015

Aquecendo primaveras no ollar XX

Sirva este hiku coma unha particular homenaxe ao poeta Eduardo Moreiras. O primeiro verso é o título dun dos seus libros.


-Paisaxe en rocha-
onde describir curvas
esvaradizas.


Ilustración: Paul Humbert Bordallo Kalicinski

23 de abr. de 2015

22 de abr. de 2015

13 de abr. de 2015

Aquecendo primaveras no ollar IX


No día mundial do bico abrollou este tanka.

Bicar os ollos
cos que me esculcas núo
para inflamarte.
Derretamos as bocas,
sandemos as feridas.


Fotografía: spicecomments

8 de abr. de 2015

Aquecendo primaveras no ollar VI


Como afaguerse*
á posibilidade
de non sentirte.
Vivir deshabitado
é o destino certeiro.

*Afaguerse: emprégase na Baixa Limia.


Fotografía: Jorge Franzoni

4 de abr. de 2015

A Salgueiro Maia



A Salgueiro Maia

En ti acredito
a forza da palabra.
Semente eterna.

A tebra ficou núa
coa luz morna do día.

Os ollares floreceron co teu devezo,
coa cerna dun futuro
no que brincan os soños
na quietude silente
dos que abafan a esperanza.
Na verba limpa
sempre agromará impía a primavera
os azos dun tempo irredutible
que abrolla no latexo
dos que erguen a dita.

2 de abr. de 2015

150 Cantares na Voz de Galicia, por Miguel Sande

Agora 151 poetas veñen de recompilar nun volume outras tantas composicións propias tomando como referencia uns versos soltos de Rosalía. A idea débese ao poeta e escritor Suso Díaz. El foi adxudicando no seu día estrofas de poemas de Rosalía a cada autor para que elaborásemos partindo delas un texto propio.

Reseña completa: La Voz de Galicia