20/02/2015

Publicación do libro dixital "150 Cantares para Rosalía de Castro"



Chegou o momento de falarvos da publicación, e das novidades, do libro dixital “150 Cantares para Rosalía de Castro”, será o vindeiro martes, 24 de febreiro. O libro estará dispoñíble na web da Fundación Rosalía de Castro (http://rosaliadecastro.org/), que amablemente acolle este traballo colectivo para a súa difusión.

Vaia en primeiro lugar o meu agradecemento aos 165 participantes, poetas e ilustradores. Gocei moito traballando con vós, e sobre todo, aprendín moito máis da vosa xenerosidade, da vosa entrega, e dos vosos traballos.

Grazas aos que me acompañastes nesta longa travesía, e nestas semanas trepidantes de traballo, dúbidas e vertixes; sen esa axuda, non estariamos aquí.

Agradecer á Fundación Rosalía de Castro, e de xeito particular a Anxo Angueira, por atender a miña petición para que este libro colectivo se espalle dende esa casa.

Aproveito para anunciarvos que faremos unha presentación do libro, cun recital, o vindeiro sábado 7 de marzo ás 18:00 horas na Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Vémonos alí!

Beizóns!


Os ollos da imaxe son os de Rosalía de Castro, interpretados por Irene Silva Xiráldez, a partir do cuadro de Modesto Brocos. Esa Rosalía de Castro é a portada do libro.

Ningún comentario: