26/02/2015

Frouma para un inverno irto XXIII


Síntome cinsa
detida en ningures
agardando ar.


Fotografía: Miguel Ponte

Adiante Galicia sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

Entre os actos de homenaxe a Rosalía de Castro, foi editado un libro en edición dixital de destacados poetas galegos entre eles Salvador García Bodaño, X.M. Álvarez Cáccamo, Emma Pedreira, Miro Villar, Rafael Lema, ou Fernández Naval.O libro leva por titulo "150 cantares para Rosalía de Castro" e pode descargarse en rosaliadecastro.org.

Reseña completa: Adiante Galicia


Marta Dacosta sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

Onte, Día de Rosalía, publicouse na web da Fundación da escritora o libro dixital que Suso Díaz, un dos artífices de As escollas electivas, promoveu durante o ano pasado: dialogar coas estrofas de Cantares Gallegos.

Reseña completa: Acuática


24/02/2015

Alfredo Ferreiro sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

No dia de hoje, 24 de fevereiro, coincidindo com o Dia de Rosalia de Castro, foi publicado o livro digital 150 Cantares para Rosalía de Castro, uma iniciativa de Suso Díaz em que tive a honra de participar com mais uma traição.

Reseña completa: O levantador de Minas


Miro Villar sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

O poeta Suso Díaz, a quen parabenizamos pola iniciativa e polo seu excelente resultado, envioume a finais de 2013 unha mensaxe que incluía un convite para participar nun libro colectivo que glosaría os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

 Reseña completa: As crebas


Ramón Nicolás sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

Convido vivamente a achegarse a esta publicación na que tiven a fortuna de colaborar cun breve prefacio. Foi para min unha honra participar nela e un orgullo formar parte desta vizosa árbore rosaliana no que tantas e tantas pólas de voces amigas atopo. Beizón, Suso!

Reseña completa: Caderno da crítica


Samuel L. París sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

Para celebralo, acaba de publicarse unha obra colectiva na que colaboramos 150 escritores titulada 150 Cantares para Rosalía [PDF]. A idea era que a cada persoa se lle desen uns versos de Rosalía para que armase un novo texto a partir deles. Es muy fásil, si lo piensas.

Reseña completa aquí: Parará, París 

 

Francisco X. Fernández Naval sobre os 150 Cantares para Rosalía de Castro

Nos mes de novembro de 2013, recibín un correo electrónico de Suso Díaz, a quen non coñecía, nin coñezo, persoalmente. Convidábame a participar nunha iniciativa denominada 150 Cantares para Rosalía de Castro. Se aceptaba debería asumir escribir un poema a partir duns versos que el me daría, pertencentes a un poema dela. Aceptei.

Artigo completo aquí: A noite branca

 

150 Cantares para Rosalía de Castro. Libro dixital.


Hoxe a web da Fundación Rosalía de Castro acolle este traballo colectivo para amosalo e espallalo a quen o desexe.
Moitísimas grazas ás/aos 165 que me acompañastes nesta travesía rosaliana, tamén ás/aos que me prestastes a vosa axuda desinteresada para acadar o mellor resultado.
Todas, todos somos Rosalía de Castro!

Descargas do libro: Fundación Rosalía de Castro

20/02/2015

Publicación do libro dixital "150 Cantares para Rosalía de Castro"



Chegou o momento de falarvos da publicación, e das novidades, do libro dixital “150 Cantares para Rosalía de Castro”, será o vindeiro martes, 24 de febreiro. O libro estará dispoñíble na web da Fundación Rosalía de Castro (http://rosaliadecastro.org/), que amablemente acolle este traballo colectivo para a súa difusión.

Vaia en primeiro lugar o meu agradecemento aos 165 participantes, poetas e ilustradores. Gocei moito traballando con vós, e sobre todo, aprendín moito máis da vosa xenerosidade, da vosa entrega, e dos vosos traballos.

Grazas aos que me acompañastes nesta longa travesía, e nestas semanas trepidantes de traballo, dúbidas e vertixes; sen esa axuda, non estariamos aquí.

Agradecer á Fundación Rosalía de Castro, e de xeito particular a Anxo Angueira, por atender a miña petición para que este libro colectivo se espalle dende esa casa.

Aproveito para anunciarvos que faremos unha presentación do libro, cun recital, o vindeiro sábado 7 de marzo ás 18:00 horas na Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Vémonos alí!

Beizóns!


Os ollos da imaxe son os de Rosalía de Castro, interpretados por Irene Silva Xiráldez, a partir do cuadro de Modesto Brocos. Esa Rosalía de Castro é a portada do libro.

19/02/2015

Eu son Rosalía

#EuSonRosalía.
Súmome á homenaxe do Día de Rosalía de Castro que promove a Asociación de Escritores en Lingua Galega.


14/02/2015

Metáfora...

... para namorar.


Pasei o verán, camiño da praia, ollando os dichosos carteles da campaña de promoción do mexilón de Galicia.
Agradoume dende o primeiro momento, pareceume unha campaña acertada. Promoción do produto galego cunha mensaxe suxerente, é sempre un acerto.
Así e todo, o cartaz daba para máis, para moito máis. Trocando a contracción por unha simple preposición, o significado acadaba unha forza incrible. Que xeito máis simple de positivar a lingua.
Tamén pensei en subir a unha escada, e facer un graffiti semellante ao que vos amoso na imaxe.
Feliz día!





Fotocomposición: Suso Díaz

13/02/2015

Frouma para un inverno irto XX


Pechemos o mundo para nós.
Fagamos da noite un camiño de estrelas
ardendo irremediablemente
para amosar a beleza da escuridade
na que habitamos.
Deixémonos levar pola gravidade
que provocan os ollares no firmamento,
sinfonía de verbas 
á procura das nosas bocas feridas
polos silencios da pasión.


Fotografía: Filipe Correia