29 de nov. de 2014

Metáfora...

... do capitalismo.


Fotocomposición: feita a partir dun fórceps, que afasta e deshumaniza a unha sociedade consumista, cada vez máis precisada da caridade para subsistir.

Outono de flores descuberto XII


Amor: arrástrame
pola misericordia,
bícame lene.
Derretamos nos ollos
o desexo inflamado.


 Fotografía: Manuela

27 de nov. de 2014

Metáfora...

... dunha utopía?


Jorge Mario Bergoglio, escolleu para o seu papado o nome de Francisco.
Autor da imaxe: descoñecido.

25 de nov. de 2014

Ángel Campos Pámpano


Ángel Campos Pámpano (1957-2008), poeta, traductor, lusista, activista cultural extremeño. 



A Ángel Campos Pámpano

Existen Homeros y Odiseas que permanecen perennes
en la latitud de los encuentros.

Los caminos se repiten con la misma intensidad.
Los días son borrones en calendarios sin fecha,
y los deseos, se posicionan, brotan
como flores de invernadero.

Solo, en la sequedad de la llanura, habitas.
Creces de los encuentros furtivos
con los sueños y la madera,
proyectas tu sombra en la dehesa, solo.

Germinan los pensamientos detenidos, heredados.
Te depositas abriendo renglones en la piedra,
como huella de creativas espirales.

Hermano del aire: sumergido
en ciudades blancas, cultura y verso.

Jola: surco para la semilla.

Todos los lugares son un refugio con impronta,
con raíces en el viento de las palabras,
en la soledad de la tierra,
en la nieve derretida a cada paso.

Metáfora...

... para a igualdade.


Sereo: obra de Francisco Leiro.
Ubicada na Porta do Sol de Vigo.


Fotografía: Suso Díaz

24 de nov. de 2014

Outono de flores descuberto XI


Bela utopía.
Sentirse bolboreta
tódolos días.


Ilustración: Wikimol.
A imaxe ilustra o "Efecto bolboreta" ou "Teoría do caos" de Edward Lorenz. O nome foi sacado do proverbio chinés: "o movemento das ás dunha bolboreta pódense sentir ao outro lado do mundo".

19 de nov. de 2014

Outono de flores descuberto X

 

Ollar no espello.
Ver a necesidade
de posuírte.
Detida a memoria,
o tempo non existe.


Fotografía de Hans Breder

15 de nov. de 2014

Outono de flores descuberto VIII

Polas quenllas do baleiro...


A comida rápida.
Os desexos hipotecados.
As amizades virtuales.
As horas mortas.
O ar que abafa.
Os ollares perdidos.
As obrigas perennes.
Os polvos que non botamos.
As grazas esquecidas.
A envexa como deporte.
O lume sen lareira.
As viaxes á desmemoria.
O sexo arrefecido.
Os feitos irreales.
O pan sen mofo.
As compañías mercadas.
Os soños desnaturalizados.
O amor enlatado.
As ganas que che teño.
Procurarse é non atoparse.
Todo atado e ben enlatado.
O baleiro, é un Estado.
U-lo a vida?

Fotografía de Chico Gomes

11 de nov. de 2014

Outono de flores descuberto VI

 
Vivir na vertixe do precipicio
e non atopar ás
para voar.
Sentir cada latexo
coma un comezo,
un final desexado.
Abrir os ollos,
é ver sempre
a mesma imaxe.
Procurarte no abismo,
sen ás,
alimentando desalentos.


Fotografía de Filipe Correia

10 de nov. de 2014

Outono de flores descuberto V


Rematan os pasos.
Os camiños comezan
cun novo horizonte:
nace de ti,
nace contigo.
Pensándote.


Fotografía: Mário Pereira

8 de nov. de 2014

Outono de flores descuberto IV

Polas quenllas de Madrid


Nada máis deshabitado
ca moreas de xente
camiñando a ningures
á procura de si mesmo.
Arrastrándose por un dourado
esclavista, nun mundo
de sensacións baleiras,
almas sen alma,
entregadas ao vacío.

1 de nov. de 2014

No 18 cumpreanos da nosa Sofía

Hoxe, a nosa Sofía fai 18 anos. Comezo de todo, e fin dunha etapa de vencellos inmutables, perennes, diría eternos.
Agora xa voa soa, tentando construír un principio no que sostentar un futuro sempre difuso.
Pescudo na memoria, e abrolla coa forza das galaxias ese primeiro instante no que nos vimos. De súpeto todo se encheo con eses ollos azúis que esculcaban o mundo que acababas de estrear, ese ollar que asolaga todo o que non se borrara ata o fin dos tempos. Todo ficou retido na memoria ese intre, e todos o momentos vividos, sentidos, e sufridos nestes anos, son os alicerces nos que nos sustentamos.
Cada paso é unha aventura, cada verba un compromiso, tan só o sentimento verdadeiro, o amor perdura no tempo.
Moitos parabéns!!!





SOFÍA

En cada soño, Sofía.
En cada verba, Sofía.
En cada agarimo, Sofía.
En cada bágoa, Sofía.
En cada verso, Sofía.
Tódolos vértices conflúen en ti,
alma coa que alento no tránsito das horas,
no vogar mainiño dos instantes fuxidíos.