26 de out. de 2014

Outono de flores descuberto I


Fico detido na lareira de vidro.
Agardo polos bicos que derretan o xeo transparente
que nos afasta o ollar certo, verdadeiro,
co que se sente o pálpito
e debuxa as cores en cada latexo.

Fico detido na lareira de vidro.
Agardo a chegada da noite que alumee
os desexos arrefecidos,
as bágoas que xa non vertemos.

Fico detido na lareira de vidro,
e non me recoñezo.