1 de mar. de 2010

Hei chegar a ti

Serei un soño se tí queres,
serei os ollos do teu anceio
que penetran no teu deseio.
Francisco Álvarez -Koki-


Hei chegar a ti
cando esperte deste sono
que non me pertence
nunha maña de violetas
e asas espidas.

Hei chegar a ti
cando o río
que asolaga o meu senso
seque para reverdecer os eidos
que transitamos.

Hei chegar a ti
cando os ceos empreñen
co ollar languidecido da infancia
o ventre común e o berce
no que acouga o espírito.

Hei chegar a ti
cando as verbas
se ispan de contido
e as letras se xungan en versos
para encherte de ledicia.

Hei chegar a ti
cando non sexa nada
cando só sexa un recordo
un suspiro e unha bágoa
que molle os teus beizos quebrados.

Meu amor
Hei chegar a ti

Inédita



Adicado a Mapipa

2 comentarios:

tino dixo...

Quando eu vejo uma escrita em galego tenho a tentão de escrever em português. Descolpa pelo meu atrevemento. Eu sei que são dos linguas diferentes mesmo se eles são pertinhas no espaço linguistico. Gostei imenso do poéma e mais de ter sabido da tua presença nas tertulias do "Gallo Quiebran Albores". E alem disso quero dar-te os comprimentos pelo convite a partilhar escritas nesta página de teu blog. Um forte abraço. Tino

Arianne dixo...

vaia..gústame!