21 de feb. de 2010

Recuerdo de conjunciones

Aqui, nesta remota, áspera e dura

parte do mundo, quis que a vida breve

também de si deixasse um breve espaço,

porque ficasse a vida

pelo mundo em pedaços repartida.

Luís de Camões

Recuerdo de conjunciones

No soy más que el mero recuerdo

de conjunciones a destiempo,

suspiros

aires que me envenenan

por esa indiferencia que no entiendo,

que castiga mis pasos

desnudando el alma

de mis pies doloridos.

Inédita


11 de feb. de 2010

Uxío Novoneyra

Eu a ollar pro lume
i o lume a ollarme.
O lume sin queimarme
fai de min fume...
Uxío Novoneyra

Neste ano no que adicamos o día das Letras Galegas ao poeta do Caurel, quero comezar esta nova andaina engadindo unha sinxela poesía que escribín hai tempo en memoria de Uxío Novoneyra.
Eu choro porque sei de ti
da túa forza poética
humana,
das raizames que te xunguían á terra
cando os ventos furacáns
empurraban en ringleiras de homes
os sentimentos asolagados dun pobo.

Eu choro porque sei de ti
nas túas verbas conxeladas de Caurel
de mollos de leña
e feixes de herba
de camiños que levan Os Eidos
onde medra a voz do home
e se rachan as cadeas da vida.

Inédita.
Fotografía copiada da web uxionovoneyra.com